22 Mar BLOGME TENDAL CLXV: Tendedeiro de parella
Unha parece máis traste que o outro. Cubata para a esquerda e gintonic para a dereita. Agasallaranse tous nos días sinalados? El é caluroso e ela frioleira. Xa me chamaría a atención que non cadrasen sexo e estampado do pixama.
E ten un patrón para tender a roupa, sen dúbida, os dous pantalóns colgados iguais, as pezas de arriba colgados iguais. Hai un patrón de xente que só concibe poñer as pinzas nas costuras das camisas e prendas similares, e, do mesmo xeito, cando se colga polo elástico, este nunca se forza. Nunca. Cae de caixón. O elástico ten o seu natural e hai que llo respetar. Non se pode forzar a ninguén, nin sequera a un elástico. E o das costuras… a prancha ben sabe do que falamos. Pódeche dar igual a cor das pinzas pero non onde poñelas.
Síntoo moito, pero eu a el, imaxínoo con pelo, e a ela… Será unha parella térmica: El há buscala para quentarse, ela para refrescarse…

Sen comentarios