25 Xan BLOGME TENDAL CLVII: Tendal xubilado
Velaquí están, como no verso de Celso Emilio Ferreiro: “Agora tomo o sol, pero ata agora…”
…agora esta roupa de xubilado laboral e, case seguro prexubilado vital, está a tomar o sol, mirando os montes, outeiros, cochos, cerros, cotos, tesos, touticeiras, penedos, penelas, poios, rocha, moreas, cheas, mandas, ermos….. a quen sempre tratou polo nome, de ti, e aínda trata.
Agora chámaos polo nome na distancia de quen ve canto mundo sempre houbo e que pouco percorrido lle queda. Xa só pode camiñalos ca vista e a lembranza dos camiños paso por paso, croio por croio.
A roupa, coma as árbores, á capricho do vento, pólas e mangas e follas e lapelas por igual ó abano do vento, ó ventimperio que trae e leva, que trouxo e vai levar. Nin o aire nin a roupa nin as árbores son as mesmas.
Se cadra estou eu trabucado. Quen mirará a quen? A roupa ó monte ou o monte á roupa?
avelino gonzalez
Publicado ás 13:27h, 27 XaneiroDiana Vila Barros Imaxina como é durmir nesas sabas que cada sema repiran aire puro, sabas libres, aireadas, batidas polo vento, sen esquecer lavadas en auga pura…..o corpo que descanse nelas ten que percibir esa serenidade
avelino gonzalez
Publicado ás 13:27h, 27 XaneiroJose Luis Gutiérrez García Mira el monte a la ropa, que le da envidia de la color