BLOGME TENDAL CXLXIX: Tendedeiro de asistencia

23 Nov BLOGME TENDAL CXLXIX: Tendedeiro de asistencia

blogme 149Que roupa estraña. Eses mandilóns desacougan, lémbranme os dos tolos de Marat-Sade de Peter Brook.

https://www.youtube.com/watch?v=RJc4I6pivqg

Este tendedeiro ole a asistencia. Tecido doado de lavar, como doado ten que ser ese momento no que un asiste a quen asistíu cando o ciclo da infancia e a vellez roda e roda e non sabes en que momento estás a non ser polas engurras e porque unha arrecende e outra cheira. Nos almacéns de asistencia non hai tendedeiros. Todo está tan asépticamente agachado como a roupa nas secadoras. Que nunca arrcecenden. E poderían. Malia todo, os mandilóns están vivos, méxense. Non se sabe se bailando unha danza inconsciente…

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: