16 Nov BLOGME TENDAL CXLVIII: Tendal preso
Pola liberdade dos panos de limpar! Fixeran o que fixeran seguro que está xustificado: están fartos de limpar a merda de outros. Coitados peitieiros da cociña, vasalos da miseria allea. Fartos de que os arrastren e espreman. Non merecen secar na cadea. Nunca! Merecen ser postos a tender nunha corda, de esparto, sen pinza, e estirados! para que o vento sexa quen os seque e de paso, xa secos, os libere da escravitude e servilidade os leve a secar polo aire como aves liberadas que tansforman o seu corpo en só ás que voan en liberdade cantando un gospel ou un alalá.
(Un gospel vén sendo un alalá cantado por boca negra en lingua estraña a un deus topado por accidente logo do abandono dos propios)

Sen comentarios