BLOGME TENDAL CXLVIII: Monocolor

09 Nov BLOGME TENDAL CXLVIII: Monocolor

1409 (15)Non hai máis cor que o branco, ata no coche. Sabendo o malo de lavar que é o branco, ten mérito que todo sexa só branco. E non se ve un sitio fácil para manter o branco inmaculado. Que gusto ten polo branco. O branco é unha cor transparente, como a xente que fala todo que lle pasa polo corazón, o branco fala e fala e fala de calquera pinga ou lamparón. É una cor orgullosa do que vive e do que sente, do que lle pasa, non disimula. Aí está, á vista. Claro.

É unha combinación de cores utópicas. Branco de “limpo”, verde de “natural” e o ceo azul e branco de “lonxe”. Fan un mundo moi grande e bonito de vivir.

Quen así viste ha ser como a cor, humilde e orgullosa de seu, e cunhas mans e un xeito delicados tamén. Sabedora de que non hai escusas para ocultarse, nin para deixar de procurar tanto a beleza como a delicadeza.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: