26 Out BLOGME TENDAL CXLVI: Tendal de baloncesto?
Unha síntese de usos e funcións. Un uso ecléctico dunha estructura creada para unha función específica que non exclúe outras compatibles e enriquecedoras.
Roupa escoltada por un exército de millo. Os xenerais diante da tropa preparados para o ataque contra… un fementido calquera coma poida ser McBeth ou aqueloutros nobles casteleiros galegos asoballadores de peitieiros e forzador de mulleres e ladróns de patrimonios. Este é un exército cultivado, polo tanto culto e de fiar.
Ou se cadra, en realidade son os siareiros do equipo de baloncesto local esperando na grada a que empece o partido vestidos cas cores verdes do equipo, preparados para executar as coreografías ó abeiro da música do vento. Que teñan o vento de favor
Sen comentarios