BLOGME TENDAL CXLV: Marchamos

19 Out BLOGME TENDAL CXLV: Marchamos

blogme 145Fomos quedando sós,o sol, o tendal e mais nós, foi marchando toda a xente, quedan as casas. Nin elas queren ficar aquí, axúdanse da roupa que quedou na casa, armaron un velamen co tendederio e ca forza do vento vanse desprazando. Ves a casa que se move pesada, arrastrando terra, forzando ó vento a soprar o que poida para camiñar ós poucos cara a onde non estea soa.

1Comentario
  • zeltia
    Publicado ás 11:00h, 19 Outubro Responder

    Coma os pobos abandoados… (onde sempre fica aínda unha mulleriña que resiste, co seu can, dous gatos e tres ouvellas)

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: