BLOGME TENDAL CXLIV: Tendedeiro de ausencias

12 Out BLOGME TENDAL CXLIV: Tendedeiro de ausencias

blogme 144O bambán monopraza está á espera da fin de semana. A falta de neno, as sabas xogan co bambán, para que non aborreza tamén el e marche ou avellente antes de tempo. A roupa da segunda liña tamén está á espera da fin de semana. Cando chegue por fin a fin de semana, toda a roupa estará limpa, arrecendendo a devezo e con ganas de se manchar outra vez.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: