21 Set BLOGME TENDAL CXLI: Tendedeiro-“patera”
Calquera día poño en marcha unha campaña a prol do dereito humano a ter onde tender a roupa. Espero poder tirar a foto que sintetice esta necesidade.
As condicións de vida e o seu absurdo bótansenos ós ollos en distintas imaxes, feitos, etc, pero o noso cerebro decide non reparar nelas. Já o dicía um personagem do Saramago “Se sabes olhar, ve; se sabes ver, repara”. A multiplicación de enfermedades respiratorias será por algo, a multiplicación do “pijerío” (non necesariamente nun sentido negativo) será por algo, ou o cntrario: a reducción do espazo das casas (ou mellor dito: lugares onde vivir), tamen será por algo.
E velaquí temos este tendedeiro-patera no que se acumulan mais prendas das que a normativa da OMS sobre tendedeiros permitiría. Hai sitio no tendedeiro convecional de atrás, si, pero son ausencias deidas, sen dúbida á necesidade de usar esas prendas. Están aproveitadas as manetas da xeanela para facer outro tendal. Xa non se pasa o traballo na parte de arriba da xanela, aí a roupa xa vai a pelo. Esta última imaxe dóeme porque sinto a dor que estarán sentindo esas pezas, algunhas afeitas á dureza dos traballos manuais, pero outras prendas nobles (pola zona do corpo ca que se relacionan) non merecen ese trato. Outro dato preocupante: Nada nos fai pensar que o tendedeiro portátil da dereita non sexa do mesmo domicilio.
E todo isto, toda esta ampliación de espazo non vale para que as prendas sexan es-tendidas. Seguen arreboladas con elas mesmas dificultando o secado e favorecendo ese olor propio da roupa mal secada.
Non hai dereito
Sen comentarios