BLOGME TENDAL CXXXV: Tendal de froitas

06 Xul BLOGME TENDAL CXXXV: Tendal de froitas

blogme 135Todo é comida. As árbores pola froita que dan e a roupa pola que apañan. Polo sitio onde está o tendal, ten pinta de ser roupa de percebeiro/a. Tamén pode ser de surfeiro/a, pero de primeiras, a cabeza foime ó percebe. Tanta roupa xunta…

Árbores que dan percebeiros/as. Boa froita. Dura por moi madura que estea. Flexible para ser boa, senón quen atura os embates do mar?

Supoño que todo saberá ben, a froita apañada pola man e o percebe arrabuñado pola man. Mesturarán sabores na boca e prestarán por igual. Como dicía Lito, mariñeiro de Aguiño ás súas netas: “Non hai mellor pan que o que se gaña pola propia man”

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: