29 Xuñ BLOGME TENDAL CXXXI: Tendal caducifolio
Se fosen árbore, os tendais serían caducifolias. Todo ten o seu lado escuro e unha foto só non abonda para amosar a súa complexidade. É como todo: onde hai vida todo se transforma, e onde non, todo aprodrece.
Fondos inhabitados de patios de luces, recantos de rúas non pisados, tellados que non se sabe se cubren ou agochan. E velaí están os restos de tendais caducifolios. Follas que ninguén añora: calcetíns desemparellados e emparellados, trapos de cociña, teas que en vida foron algo e agora están apegoñadas contra a forma da uralita plástica.
Tan malas foron en vida estas prendas que non mereceron un rescate? Unha cana india que se corta de balde, unha cana de pescar que se pide prestada…
Esas pinzas que converten o tellado nun camposanto de soldados caídos no cumprimento do seu deber, malmandadas por mans irresponsables e desleixadas. Pinzas sobran como tropa nas guerras.
Os tendais son árbores caducifolias onde agroman follas repetidas, aínda que algunhas son abandoadas xustamente no abandono. Suxo e triste
Sen comentarios