22 Xuñ BLOGME TENDAL CXXXIII: Xente de orde
Xente de orde con moito que facer. Non se pode deixar nada a medias que dá máis traballo deixalo para despois que rematalo de vez. Por iso esta (raro que fose “este”) remata a comida e xa arranxa a cociña (ou toca o piano, que di a miña nai cando lava a louza). E remata limpando e sacudindo a alfombra (esa cousa da que habería que facer un estudo sobre a súa utilidade real), o mandil (que tivo que ser un agasallo; ninguén que traballa na cociña merca un mandil que poña “la cocina”) e as luvas. E xa queda todo arranxado e limpo para a seguinte comida.
Xente de orde e xente de ben.
Sen comentarios