BLOGME TENDAL CXXX: Como tender xerxeis

25 Mai BLOGME TENDAL CXXX: Como tender xerxeis

blogme 130De cantas formas se pode tender un xerxei? A min sáenme dúas: Ben e mal. Pero seguro que vós sabedes máis.

De cantas formas se pode tender unha camisola? A min sáenme 7

Non é un xerxei pero como se ox fora, e a camisola. Como tendelas? Este tendal é dos máis didácticos que teño topado. Funciona por tese e antítese pero tamén por analoxía.

Como tender un xerxei ou calquera prenda similar, de tecido groso, que ca humidade pesa máis e é mais doado que se deforme? Aínda qua agora venden unha lá moi tratada, a miña experiencia persoal demostra que mellor fagas caso da túa nai e laves a rupa de lá e tecido groso aparte. como non van centrifugadas levan máis humidade e pesan máis. Segue facendo caso á túa nai e fíxate como a tende… Talmente así. Porque o peso vai máis repartido e non se deforma.

A analoxía da camisola ó seu carón é altamente ilustrativa. se ben nas camisolas hai máis teorías e prácticas da arte de tender unha camisola (da qeu xa falaremos outro día), ilustra a nosa imaxinación, pois podemos imaxinar á prenda grosa do lado, esa especie de xerxei-chaqueta, colgada como a camisola. Estiraría o indecible, polo peso, e deformaríase tanto máis pola acción do peso onde estean as pinzas.

A proba: a camisola que ten ó seu carón. Vaille quedar a marca das pinzas nos ombreiros. Por certo. sitio malo de meter a prancha.

O dito. A min sáenme dúas formas só de tender un xerxei. Pero seguro que vós sabedes máis

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: