BLOGME CXXVIII: Tendal con orellas

11 Mai BLOGME CXXVIII: Tendal con orellas

blogme 128Xeitos casuais de dar vida a unha prenda de roupa. mira que hai xeitos de tender un pantalón aínda que sexa de chándal! E así, supoño que sen querelo, non sei se é un morcego-téxtil, un paracaidista saltando sen paracaídas, ou o que primeiro me veu amin á cabeza: un pantalón con orellas.

Pero hai que suliñar o tremendo detallismo de abrir o pantalón todo o que dea para que seque ben-ben-ben. Cantas veces, cas presas, recolles un pantalón -e os deste tecido son máis ruíns- e son estes petos os que gardan aínda humidade. Fáltanlle aros para as perneiras.

De todos xeitos, cando pasei debaixo del e o vin, polo si ou polo non, baixei a voz

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: