BLOGME TENDAL CXXVI: Tendal protesta

27 Abr BLOGME TENDAL CXXVI: Tendal protesta

blogme 126(Se non estás no post orixinal, podes ir picando aquí)

Este tendedeiro debera ser considerado un tendedeiro-protesta porque a ver onde está escrito que nas casas contemporáneas non haxa un lugar para tender a roupa a tender, e onde está escrito, xa que logo, que esteamos obrigadas por deus, pola patria ou por quen sexa, a mercar unha secadora?

Porque non é este un tendedeiro-cortina, como podería parecer a primeira vista. É un tendedeiro de circunstancias. Contra o arquitecto que deseñou este (e outros máis que hai por aí adiante) edificio sen sitio para secar.

Velaí temos eses cordeis mal atados na vara do toldo, a roupa apertada pero con xeito. Só hai que ver como están os pantalóns e as camisolas abertas cara ó sol, para que Lourenzo entre ben de arriba abaixo. Só hai un pantalón pendurado do contrario.

Pero vaia, que se algún día se poñen a reformar a constitución a prol da xente, que poñan un artigo referente ó dereito inalienable a tender a roupa. Porque, como diría un trasno de Cunqueiro: O natural é tender ó sol. Ademáis de ecolóxico e económico xa que aforra enerxía, por máis que amole ás eléctricas. Ou se cadra é por iso.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: