BLOGME TENDAL CXXV: Agarimo

20 Abr BLOGME TENDAL CXXV: Agarimo

blogme 125Nesta casa na que todo é vello, mesmo as plantas das macetas, na que non se poden coidar máis as cousas porque non hai folgos para tanto, na que xustamente por iso hai que economizar esforzos, hai que priorizar coidados e agarimos; nesta casa, están claras as prioridades: o coidado tenro e agarimoso do novo, do que está a medrar. Que bonito ten alguén a quen acariñar. Cólgase ben, non de calquera maneira, para que axude ó agarimo, para que non perda a bonitura. E cando a ves dende fóra, xa a ves correndo, espallando alegría polo mundo e amor co que se coida esa prenda do seu corazón. Noso.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: