BLOGME TENDAL CXXIV: Ex-tendal

13 Abr BLOGME TENDAL CXXIV: Ex-tendal

blogme 124

Síndrome de Ex-tendal: Famosa doenza que afecta a quen sabe aprezar a beleza do cotián. Mesmo neste está a beleza do que foi e foi coidadosamente tendido. Este tendal fala con voz cansa e gastada. Apoiada neses soportes en madeira feitos pola lóxica dos tempos, non por sentido da decoración; con tantos fíos que deixan ver a roupa dunha familia numerosa que marchou, que foi marchando, se cadra cumprindo o dito aquel de “unha nai coida cen fillos pero cen fillos non coidan unha nai”. O tendal foise apagando a modiño, por iso quedan as … cordas? Non, arames cubertos en plástico. Quen os puxo non tendía, nin se tendía a súa roupa aí. Un tendal así o único que fai é resistir, ou esperar. Se cadra, o mesmo que a derradeira habitante da casa. Quen probablemente abandonada, xa marchou.

E queda o ex-tendal, sociable, falador se alguén quixese falar con el.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: