BLOGME TENDAL CXXIII: Tendal bestial

06 Abr BLOGME TENDAL CXXIII: Tendal bestial

blogme 123Coitados! Coitadas das orellas víctimas do pinzing, especialmente o boneco en azul, pinzado por unha orella só, máis que a secar (enxugar, que diría a gaelga fetén) está castigado. Non quería ir á auga, pero quen lava enganchoupola orella e levouno a rastras, meteuno na lavadora e aínda o ten pola orella no tendedeiro. Crueldade!

Eses coitados bichiños a dar voltas reviravoltas na lavadora, enchoupándose en auga que non queren nin fría nin quente. Que fixeron eles para mereceren este maltrato? Só xogaron ó que lles mandaban xogar, só se deixaron estar onde os poñían. Tan mandadiños e agora este castigo. Non hai misericordia na humana xente! E por riba non se valora o seu papel como limpadores de chans, mesas e troneiras e queixos de criaturas en idade de medrar. Estamos tan afeitos a velos nas mans, nos colos, durmindo e facendo compañía á xente miúda da casa…

Pero outra incógnita é: Por que os colgan de cu? Castigados contra a parede? que mal fixeron?

E os cables de abaixo, para saltar a comba

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: