BLOGME TENDAL CXXII: Tendal rideiro

30 Mar BLOGME TENDAL CXXII: Tendal rideiro

blogme 122É muller. Vive soa. Forte, pero: “quen as quere fracas habendo mulleres?” dicía un meu parroquiano diante da do Caravillas, mirando pasar ás mozas da banda de música tocando na procesión, proporcionais cada unha ó seu instrumento, fixándose el na que tocaba o bombo.
E non sei máis dela, nin o preciso. Entroume a vontade de procurar polo portal, polo piso, e timbrar e convidala a un café, un té, un gintonic, un chopiño, unha botella… pra compartir con ela eses tres risos pendurados do tendal. Velaí esa roupa que ri, desinhibida, gargallada sonora e aberta, impúdica, espontánea e despreocupada.
Así ri a roupa, así ri quen a tende.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: