CARLOS CASARES. Entre un galo e un polbo

03 Abr CARLOS CASARES. Entre un galo e un polbo

(Espectáculo para público adulto e xuvenil sobre Carlos Casares.)

Di quen o coñeceu, que o mellor que che podía pasar era cadrar con Casares a hora do café ou nunha sobremesa. Seica Carlos Casares era moi bo conversador, e non só porque contase moi ben as historias, senón tamén, e, se cadra principalmente, porque sabía escoitar. Casares escoitaba, atendía e facía por entender á outra persoa.

Nesas conversas corrían feitos, sucesos, sucedidos e anécdotas vividas ou escoitadas por el. E estes feitos, sucesos, sucedidos e anécdotas tinguen a súa obra. Complementadas, pola súa técnica literaria, claro, que as transformaba para que funcionasen ó servicio dunha historia maior, ou facían delas a propia historia maior.

E este espectáculo é un debullar deses feitos, sucesos, sucedidos e anécdotas que nos permitan coñecer, ademáis da obra, ó propio Carlos Casares como a persoa boa e agradable que era. E, de paso, volver gozar da súa literatura quen a lera, ou dar gañas de leela a quen non tivera o pracer de facelo aínda.

Pola miña parte, un pracer.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: