Risco Contado. A todo Risco.

18 Xuñ Risco Contado. A todo Risco.

Risco era iogui, bailador, bohemio, neneiro, retranqueiro, coqueto e preguiceiro. Tal era.

O mundo de Risco está esparexido polo Libro da Selva, Harry Potter, os Beatles, o budismo, a marihuana, Walt Disney…

Sabía escoitar (virtude sempre escasa). Foi moi querido (quero que me queiran como Otero quixo a Risco)

A chave está nesta ollada. Fráxil, vulnerable, sobre un corpo vestido con gusto.

Nos corpos fráxiles pódense ver as inclemencias do tempo: Nos xuncos ves a forza da corrente, nas pólas a forza do vento. Fraxilidade non é sinónimo de febleza. Ás veces si.

Risco era persoa coidadosa e fráxil e curiosa. A curiosidade sempre leva aparellada fraxilidade porque sempre custiona o coñecido. É a chave do coñecemento e do progreso. E da vulnerabilidade.

A chave está nesta ollada que retratou Castelao: Cósmica, cómica, e asombrada

“Risco contado” é un paseo polo mundo (polo mundo enteiro) na compaña dun home curioso.

Quedamos hoxe, 18 de xuño ás 20:00 no convento de San Francisco, nese lugar do universo chamado Ourense, co patrocino do concello e o impulso da Fundación Vicente Risco

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: