05 Xan BLOGME TENDAL CDXIV: Fardón
As camisolas, así postas, teñen un aquel de pose. Modelos masculinos, grupo pop de adolescentes, … nunha foto estudada.
Os pantalóns atrás, tan convencionais eles no xeito de estaren a secar, dan o punto informal. “Somos cool pero non uns lambidos.
Co que supoño que este é tendedeiro de home só, novo, guapo (co alto que é…!), que o sabe e que o cultiva.
Cando se pode fardar hai que fardar!
Sen comentarios