CONTOS GASTRONÓMICOS no restaurante GÁLGALA

02 Mar CONTOS GASTRONÓMICOS no restaurante GÁLGALA

galgalaMércores, día 4, ás 21 horas, actúo no restaurante Gálgala de Vigo.

O restaurante é un sitio agradable. Lembrades, ou estivestes algunha vez nun destes restaurantes nos que estás tranquilo? Nos que parece que estás nun restaurante, pero menos? Pois así é o Gálgala. Está na mellor rúa posible. na rúa do Pracer…GalgalaSrP4Antes da cea vou contar eu contos. O menú da cea tédelo aquí: Primeiro prato, segundo e postre. O menú dos contos vai ser un prato só con prebes variados, e contiños de guarnición, para facer unha cea dixestiva e lixeira que aqueza o corpo e o corazón e permita durmir co sorriso posto, que é o mellor antiacedo que coñezo

galgala 2Non dimos atopado o artigo do Faro de Vigo no que Álvaro Cunqueiro fala do xardín do Gálgala. A ver se aparece.

E coma sempre, o menú dos contos pode variar porque facemos contada de mercado: Segundo o peixe que chegue vemos que facemos finalmente. e por suposto que admitimos suxestións e pregamos encarecidamente que se nos faga saber calquera alerxia ou intolerancia ou simplemente preferencia negativa ou positiva.

Non vos preocupedes. Se pensades que igual non vos gustan os meus contos, seguro que vos gusta a cea. E se pensades que igual non vos gusta a cea, seguro que vos gusta a xente do Gálgala. Non hai fallo.

Que vos preste

 

 

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: