Actuación en Comesaña. Domingo

06 Out Actuación en Comesaña. Domingo

Pasan máis cousas en san Andrés de Comesaña que en Nova Ior! Eu domingo ás 19:30. Pero recoméndovos os roteiros con Anxo Purghatorio, ás 11:00 e ás 17:oo do domingo; aí veredes que non minto, só esaxero, cando falo de Nova Ior.

En Comesaña temos castros, mouros, mouras, tesouros, prantas máxicas, argumentos para thrillers, películas de misterio, series da HBO e series web. Só que como nos pasan a nós, non lle damos importancia.

A mina do porco, a devesa do rei, o mouro da canteira de Xacinto, os muíños de Leandro, a cova do folón, o muro do torreiro novo, as sepulturas do cemiterio vello, o palco da festa sen músicos, o bar de Álex…

Velaquí a vista dende o Castro da Pedra Branca, enriba da Mina do Porco, nun día de néboa no que os Lordomani poderían entrar na ría ás agachadas. Así ten máis misterio:

castro e cova (9)

Tags:
,
Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: