30 Xuñ BLOGME TENDAL LXXXVI: Machado, Antonio
Véume a boca un poema de don Antonio: “Sabe esperar…” facer unha glosa do poema sería de mal gusto. Sinto como vidas parellas aquel barco e este tendal. Esqueletes de vidas vizosas. Todo é proporcional á espera de… mesmo as xanelas en aluminio, aparentemente novas, en realidade pertencen ó mesmo mundo a quen o tempo lle está pasando, aínda, por riba. Un parche, unha solución provisoria, e xa que logo, permanente. Por onde comezou o desleixo? Se cadra por non cambiar a corda do tendal no seu tempo
Sen comentarios