22 Xuñ BLOGME TENDAL LXXXV: Algo sobra
Ou a roupa ou a rafia esa verde. Persoalmente prefiro a roupa. Obriga unha lavada continua, si, pero iso é hixiéne, da factura da luz falamos noutro momento. A rafia non é segura, está altamente desaconsellada polos especialistas en seguridade, calquera acto delictivo que se cometa detras dela queda oculto á vista e o agresor impune.
Un peche de roupa en cambio, é dinámico, estacional, comunicativo e conversador de como foi a vida nesa casa. Se houbo festa, se houbo traballo, se houbo… e tamén se non houbo e tamén o que non hai. Xa non informa de maneira sutil como petar na porta e como preguntar.
Por outra parte, tender a roupa xusto enriba e en contacto ca malla está altament desaconsellado pola miña nai. Iso estraga a roupa, porque engancha e poque sempre hai algún punto de ferruxe que che deixa un pico ou un lamparón (depende) que non se saca nunca. Para tender a roupa sempre mellor unha sebe, axuda a clarear.
Sen comentarios