09 Xuñ BLOGME TENDAL LXXXIII: Tendal de incubadora
Xa o dicía un trasno a Cunqueiro falando de reloxos: “O natural é andar polo sol”. E naturalmente o natural é secar ó sol (ou a sombra, pero con sol). Pero xa dicía a zarzuela que “hoy las cosas adelantan que es una barbaridad!”. e pode que esa luz sexa unha das luces de bohemia. Xa se sabe que o sol directo perxudica moito o tecido, pero a súa ausencia total… Así que por que non un tendal de incubadora, coma se as roupas fosen pitiños (ou plantas de marihuana) con esa luz de referencia para que non deixe de secar nin cando hai sol.
Sen comentarios