01 Xuñ BLOGME TENDAL LXXXII, Slalom de aire
Sen neve, sobre pista de vento, con cámara aérea (aquel paxaro que se ve no centro ó lonxe). O casco vai aparte, só por se fai falta.
Que aireadiño e que fresco vai estar cando se volva poñer. E que xeito tan humano de colgar a roupa. Pódese colgar de mil maneiras, unhas mellores que outras para secar ou pranchar, pero esta, que mesmo colgada parece xente, honra a esta peza, mono, funda de traballo, máquina de quitar colesterol. Que bo trato lle dá quen a tendeu, como a respeta, como a estima. O que tal sofre e atura, o maltrato cotían. E mira ti por onde, acabamos de descubrir que a roupa soña: Este mono/funda de traballo de labores de mecánica e de campo, soña con ser saltadora olímpica de esquí. Este soño é soño del, do mono, dela, da funda. É soño propio. A prenda ensaia o salto na pista de vento. A posición é tan elegante como se esperaría dunha prenda cara. Ensaia soa, sen xente dentro. Oxalá a xente estiveramos á altura do soño da roupa que esquía no vento
Sen comentarios