Os da RENFE non usan o tren (e acabo)

30 Mai Os da RENFE non usan o tren (e acabo)

E fan moi ben

DSC_0089Os tornos das estacións novas, din que son para a nosa comodidade. Home! Sabemos que é por aforrar persoal! E non é malo. Pero entón, ese persoal que teñen alí enriba deles, que teñan capacidade para resolver problemas urxentes. quen chega ca billeteira pechada, por exemplo. Senón ese persoal tamén sobra.

DSC_0087Tamén decidiron os da RENFE que todo usuario debe estar en posesión dun smartphone con tarifa de datos. Que consultemos os horarios en internet. Que eles non teñen por que tirar os cartos en imprimir os horarios. Os pais dos da RENFE tampouco usan o tren

 

DSC_0089O tren da RENFE si admite reclamacións. Para iso utiliza unha parte das súas infraestructuras: As vías mortas. Ningunha resposta che soluciona ningún problema. Contestan case sempre. Nun ton tan amable que queda descartada calquera deficiencia pola súa parte. A culpa é nosa. Por usar o tren da RENFE, por estorbar.

Por iso os da RENFE non usan o tren. Para non sofrer vendo o feos que son os trens con xente dentro.

O que tal lle farían a don Silvano se chega a caerlles nun seu tren (porque é deles)

Polo demáis, que bonito é o tren!

Luego, el tren, al caminar,
siempre nos hace soñar;
y casi, casi olvidamos
el jamelgo que montamos. (A. Machado)

Corre,
tren, oruga, susurro,
animalito longitudinal,
entre las hojas
frías
y la tierra fragante, (P. Neruda)

(hai outras versións na rede que se oen mellor, pero…)
Tags:
,
Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: