Os da RENFE non usan o tren III. As bicis

23 Mai Os da RENFE non usan o tren III. As bicis

E fan moi ben

novembro 211 064O tren da RENFE non se pode compartir. Esixe lealdade absoluta. Se usas bici non podes usar o tren. Hai que escoller, ou tren ou bici. Por que só hai tres anclaxes para bicicletas nos trens “regulares” (antes había seis), ó lado do servicios do vagón central? Para que toda a pasaxe e revisores poidan comprobar o que tal incomodan as bicicletas. E teñen razón. Incomodan e a base de ben. Por avant (1)iso non hai posibilidade de subir a bici nos AVANT. E iso que teñen un espazo específico para bicis, un recanto cas anclaxes previstas para tres bicis, que non incomoda ó paso de pasaxe e revisores. Para evitar o caso de que todo o mundo queira subir con cadansúa bicicleta nos días semana, indo da estación ó choio en bici. Ou aínda peor! Que á xente se lle ocorra subir bicis nas fins de semana e o tren da RENFE se encha de bicis. Imaxinades un tren cheo de bicis? Non cobran por subir a bici: Porque non imaxinan que razón pode haber para que a xente suba bicis ó tren.

Ah! Se colles o billete para bici de Vigo a Pontevedra (por exemplo) o “sistema” ocupa ese sitio ata a estación final. De xeito que se ti queres coller billete de bici de Pontevedra a Santiago (por exemplo tamén) o “sistema” di que está ocupado. Persoalmente subo igual, sempre hai sitio porque esas manobras disuasorias funcionan. E sempre levo unha goma grande, deses “pulpos” que lle chaman, por se están os tres enganches ocupados (Raro!). Cunha goma desas, amarras dúas bicis máis sen problema. Non se debe preguntar ó revisor. Se lle das o problema solucionado xa non pregunta el.

Por iso os da RENFE non usan o tren. Para non sofrer vendo o feos que son os trens con bicis dentro.

Pero, iso si, que bonito é o tren! E que útil, malia os que gobernan nel.

Tags:
, ,
Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: