13 Abr BLOGME TENDAL LXXV: Tendal do revés
Os pantalóns do revés, as camisetas do revés, a camisa do revés, os calzoncillos do revés, os calcetíns son negros pero aposto a que tamén están do revés. Só unha muller pode fixarse nestas cousas e ser tan sistemática. O de tender do revés enténdoo, moito queima o sol e estraga tecidos e cores. E seguro que xa as mete na lavadora do revés. Entendo o de lavar a roupa do revés cando se fai a man, pero non acabo de entender o por que de lavar a roupa do revés na lavadora.

lupe
Publicado ás 10:48h, 14 AbrilA minha gata Biela é gris-case-branca e eu, como ti ben sabes, visto de negro de setembro a xunho. As labores da casa non son o meu forte, agás cocinhar, todo o demais é un sacrificio necesario moi pouco pracenteiro. Saco a roupa do corpo xa directamente do revés (a Biela anda por todas partes) e así vai á lavadora, á secadora e ó armario… para que vou andar dándolle voltas á roupa e quitando pelos de gata?
avelino gonzalez
Publicado ás 12:12h, 14 AbrilEn que andarías ti pensando para lle poñer ese nome á gata! Pero non acabo de entender o dos pelos. Que pasa se metes a roupa do dereito? Enganchan na outra roupa. E meténdoa do revés, saen todos os pelos?