BLOGME TENDAL LXXIV: Supertendal

07 Abr BLOGME TENDAL LXXIV: Supertendal

blogme 74

Esa medida de volume-superficie-líquido de “como se fose para unha voda”, pódese aplicar a esta trandeira. Está a fartar.

A lavadora ese día bota fume. Parece unha manifestación reivindicativa da roupa da casa berrando “Dende o balcón si hai solución”.

E non hai nenos, para min que son unha parella, 30-40 anos, currantes. Deben lavar a roupa só un día a semana. Debe ser un mete sacar roupa ese día, esa mañá. E ordeada, non está posta a roupa ó chou. Liña de roupa interior, liña roupa branca, roupa de baño… Quen colga traballa arreo pero é ordeada/o.

Todos os calcetíns colgados exactamente igual. Os calzoncillos exactamente igual. E o tanga… por que así? Por que esa discriminación? Non merece igual trato que os seus irmáns masculinos? Eu penso que si. Pero o tanga é victima da escasa consideración social en que se ten á xente miúda. Xa vedes, esas cousas vense mesmo nas trandeiras.

E o máis sorprendente de todo para min, non ten que ver co tendal, senón con ese espléndido ceo a xogo ca pintura da parede

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: