22 Mar BLOGME TENDAL LXXII: Tendal con subconsciente
Non ten nada. Pero ten dous puntos de vista. A roupa en si e a súa sombra. A sombra, a parte escura da roupa, o que non quere mostrar dela. A roupa pende case vertical, pero a sombra está rasgada, algo tira dela, posiblemente ela mesma por tirar para arriba ou por tirar para abaixo. Esa sombra inquietante mostra o desacougo, afía cada prenda facendo dela fantasmagóricas coitelas afiadísimas sen misericordia, que son quen de … do que faga falta… a quen faga falta… en canto cadre

Sen comentarios