26 Xan BLOGME TENDAL LXVI: Trandeira de inverno
Canta riqueza! E canta versatilidade! Viña vizosa e tendal integrado na paisaxe. Sempre con froito de tempada, dúas colleitas ano, mínimo.
Contra o setembro dará caíño ou palomino ou rabo de cordeiro ou portuguesiño ou treixadura ou tinta femia ou torrontés ou catalán ou espadeiro ou moza fresca… e logo sabas, colchas, calcetíns, pantalóns, sosténs, calzóns, camisas, blusas, saias, mandís, medias, camisetas, xerseis… I el serán roupas de poñer ou de beber? Ah deus. A que saberán esas roupas?

Sen comentarios