BLOGME TENDAL LXIII: Tendal inverso

21 Dec BLOGME TENDAL LXIII: Tendal inverso

Está posto do revés. Porque si. Podedes viralo e velo ó dereito se queredes. A min chamoume a atención que visto do dereito pareza que a roupa se resiste a que o vento a leve. Agarráse ás cordas para non saír voando. Pero se o viras, parece que o que hai é unha coreografía de danza contemporánea ou de ballet televisivo (cando había),  ou que a roupa toda celebra un gol ó xeito ese de escorregar de xeonllos pola herba.  Ou simplemente que a roupa salta de alegría de estar ó sol.

blogme 63

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: