BLOGME TENDAL LX: Tendal peregrino

24 Nov BLOGME TENDAL LX: Tendal peregrino

A urxencia de lavar a roupa, a necesidade imperiosa de mudar de olor, de refrescar a pel súada. E evitar rozaduras tamén. Iso provoca que o pudor pase a mellor vida, aínda que sexa circunstancialmente. Iso si, o que se ve é parte do uniforme de peregrino: camisetas, calcetíns. Os pantalóns xa se sabe que son malos de secar, necesitan tempo. E outras prendas, secan con pudor ou tíranse con noxo.

A peregrina ó fondo é un accidente. Oas peregrinoas non teñen cara, teñen pés, ou cara de pé

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: