BLOGME TENDAL LIX: Non seca igual

18 Nov BLOGME TENDAL LIX: Non seca igual

Pensei que era un cuarto dun piso que aluga habitacións. Pero cando me fixei na roupa e vin duas tallas e dous sexos, xa non me cadraba. Porque digo eu que as camisetas e a roupa deportiva non son da mesma persoa, ou? Así que penso que quen lava a roupa gústalle ter a roupa a xeito e non lle debe prestar tendder no patio interior, igual pola humidade, igual polos fumes doutros pisos veciños. A cambio na xanela, quedarán a vista, si, pero secan anttes

Iso si, ou teñen o mesmo gusto para as cores, ou ela lle merca a roupa (e el fía nela) Os calcetíns a dúas cores semprre me produciron unha sensación de disgusto con algo, co pé co calzado, co pantalón ou co calcetín. Son como estar na procesión e repenicando.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: