BLOGME TENDAL LVIII: Un tendal de saber lavar

10 Nov BLOGME TENDAL LVIII: Un tendal de saber lavar

Este tendal é só toallas. Prendas dun uso común. É dicir, quen lava ten conciencia de lavar por separado cousas que se usan por separado. Así son mais doadas de lavar co xeito que elas e só elas precisan. Esa persoa coida das súas cousas, trata a cada unha como ela precisa. Debe ser unha persoa atenta nas relacións persoais: Sabe os cumpreanos de todos, que agasallo lle acae mellor, os gustos e desgustos, estupenda anfitroa. Non imaxino un home tendendo así. Hainos. Pero non os imaxino. E ordeada, moi ordeada: Están todas tendidas á mesma altura, pregadas igual. E económica, moi económica, aproveita unha pinza para coller dúas prendas. Non sei se a nomería ministra de economía ou de asuntos exteriores

Poderían ser panos de cociña, estes ca cousa mais grave de andaren en graxas, hai que cargarlles na lixívia, e por moito remollo que lle fagas… algo levan.

Cando empecei a vivir só, antes que a cociña merquei a lavadora. Miña nai xa me avisara: “Non mestures a roupa branca ca roupa de cor, non metas a roupa de lá…” Polo carallo! Eu mesturaba todo. Así derramei varios xerseis de lá, estraguei varias camisas… as prendas trunfantes eran os calcetíns e os panos de cociña. Impregnaban ó resto da súa fote personalidade.

2 Comentarios
  • zeltia
    Publicado ás 21:54h, 10 Novembro Responder

    pois eu diría que tampouco taaaan ordenada/o, que pola ventá vese o cuarto algo estrado de roupa… 🙂

    poderían ser panos de cociña, pero nada de lexivia: os azuis non a soportarían. Tamén poderían ser “toallitas de bidet” pero moi lavadiño para ser un cú…

    🙂

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: