07 Out BLOGME TENDAL LIII: Tendal de balcón…
E para que liarse a tirar cordeis, que ocupan o balcón? Pero un cordel si que se tirou e xusto por diante da porta. Será para non esquecerse de recoller esa roupa antes do resto? Espero que a vasoira apoiada enriba estea limpa. Pero esas camisetas así postas cas pinzas pola parte de abaixo e todas estricadas, van quedar coma campás, e quen as leve coma un badal. E os pantis. Non por moito estricar seca a roupa mais cedo. E a sudadeira tendida pola capucha… non sei.
Será desleixo de tendal. Será presa porque hai moito traballo ou moito cansazo de mil traballos.

Sen comentarios