BLOGME TENDAL LII: Netamente feminino

29 Set BLOGME TENDAL LII: Netamente feminino

Gustaríame coñecer a esta chica. Porque é de chica. Vive soa. E leva dous días de ocio e tempo libre, nos que deu dúas imaxes distintas, aínda que non tanto. Un dos días debeu de ir á praia, con ese vestido curto, que moito lle gusta que ben o estende ca cremalleira pechada para que non engurre. Outro día de festa co pantalón curto. Ou combinou praia e festa, unha pola día e outra pola noite, cambiando de roupa exterior e interior. O biquini, non sei que cousas terei na cabeza, lémbrame ás chicas Bond con ese aire guerreiro delas, pero por sorte para ela, esta non está definida por ningún guionista para cair nos brazos do prota de turno dotado do encanto que lle dea unha productora de cine, antes sería ó revés! Creo que lle gusta verse guapa e que llo recoñezan. Toda esta miña teoría cronolóxica de uso da roupa cae cando boto contas e vexo que sobra roupa ou faltan momentos.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: