14 Set BLOGME TENDAL L. Tendal combinado
A imaxinación e a modernidade van sempre da man. Só hai que ter ollo cos prexuízos. A veces son bos, a veces non. Neste tendal por exemplo, hai unha combinación de tendal vertical e horizontal. A trandeira vertical é variada, pero o tendal horizontal é repetitivo e ordenado. Polo que teño a impresión de que en realidade, os horizontais son medidores da velocidade e temperatura do vento de xeito que segundo eses datos, sexa posible calcular o tempo que a roupa debe estar ó sol sen pasarse de punto, evitando así os efectos perniciosos dos raios uva nos tecidos e cores da roupa. Dádelle cartos e inventa unha máquina dixital que faga o mesmo. Imaxinación xa a ten.

Sen comentarios