08 Set BLOGME TENDAL XIL: Trandeira con punto de vista
O único que se sabe é que hai vento, que hai roupa. Mais nada. O resto depende do punto de vista. É o vento quen puxa da roupa para atrás, exercendo de antidisturbios “Atrás por favor, atrás”? Ou é a roupa quen fai de cabeceira, de proa da terra, avanzando? A terra detrás, pesada, difícil de mover, tanto para adiante como para atrás. Agora que escribo isto vexo, que o teclado me leva por onde nin pensaba. Aquí estou facendo a crónica dunha manifestación, ou dun desfile. Boa pancarta sería unha feita cun tendal da roupa da xente. Nin creo que fixeran falta lemas, a roupa só falaría por nós. Outra posibilidade sería a dedefinilo como un tendal galego, quen ve non sabe se avanza ou se retroced. Pero o tendal si que o sabe, e ó resto do mundo, que carallo lle importa?

Sen comentarios