BLOGME TENDAL XLV: Bucólico

04 Ago BLOGME TENDAL XLV: Bucólico

Refrescante para a cabeciñas. Antes o lavadeiro de onde ven a auga, onde os nenos nos bañabamos mentres as nais lavaban. Poucas veces  se aproveitaba o xabrón (lagarto) da roupa para os nenos. As nais madrugaban para lavar a roupa e nós iamos ó regato antes ou despois de comer acompañados de sapos, rás, píntegas, cobras… que mamá tiña máis que facer.

Claro que a esta roupa lle fata o clareo. Pero aquí non necesita suavizante. Colle arrecendo da viña que a asombra, contempla a auga que leva o seu lixo, e mesmo debe falar con ela e máis co millo veciño. Quen me dese ser da estirpe de Cunqueiro para entender a linguaxe das plantas e da roupa tendida

Aquí, mais que secar, a roupa está a tomar a siesta.

 

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: