BLOGME TENDAL XXXVII. Negro

17 Mai BLOGME TENDAL XXXVII. Negro

Nossa senhora! Por que? Non é o primeiro tendal que vexo así, non é a primeira vez que o falo: por que esta chica (porque este tendal é de chica) garda a cor só para o interior? Interior da roupa de vestir, interior da roupa da cama… quero dicir, por que non levar a alegría posta, tamén, por fóra? Dá igual chico ou chica. Imaxinade que toda a xente ca que vos cruzades viste de negro. Será elegante, pero aborrecido ata os dedos da parede de enfrente! Ata os calcetíns son máis divertidos!

Nótase que non me gusta o negro?

Disque, quen ten no seu armario, máis roupa negra, adoita ser introvertida e reservada. Non expresa as súas opinións e garda os seus sentimentos. Son difíciles de tratar nun principio, pero co tempo, e unha vez gañada a confianza, poden chegar a ser moi bos amigos. “Poden”

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: