26 Abr BLOGME TENDAL XXXV. Tendal funambulista
Tendal de chico. Evidente, só hai cores algres na roupa interior. Que alegría para quen intime e que tristura para quen só compartamos parada de vitrasa.
Coidadoso? Só cas camisetas. O pixama vai con certo desleixo. E os calzóns…? A min esa pinza, así, no medio e medio, sempre me tivo un punto agresivo, violento, como unha patada con dor. E o verde(?) do recanto dereito, xa vai con desleixo.
Curiosos os calcetíns: Xuntiños, emparellados, polo medio, non montados senón pegadiños… e compartindo pinza. É a primeira vez que vexo tal nun tendal. Todo o desleixo que se poida entender nos calzóns, aquí
E se así tal tende, como tal será quen maltrata a intimidade, despreza os soños, só coida as camisetas e mima os calcetíns?
Como eu o coñezo xogo con vantaxe.
Pero o que máis me gusta é a vista que ten. Visto así ten un aquel de pasarela entre cumes andinas sobre precipicios con río ó fondo e cóndor por riba, ou de corda frouxa circense na que o funambulista camiña entre algodóns, sobre perigosas poliamidas, nylons, lycras e nalgúns treitos vai (evidentemente) de cu.
E sen rede.

Sen comentarios