BLOG ME TENDAL XXIII. Roupa ó clareo

21 Xan BLOG ME TENDAL XXIII. Roupa ó clareo

Esta é unha imaxe que xa non se ve. E as lavadoras xa non teñen. E as mulleres agradecen. Non lembro exactamente a función, alén do secado.

Despois de lavar a roupa no río (na miña casa o “río” era o lavadeiro da fonte do regueiro), logo de aclarala, tendíase na herba nun lugar onde non houbese pó, non pasase xente, non houbese posibilidade de que se lixase o que tanto traballo deu lavar. E alí quedaba estendida. De cando en vez pasábase por alí cunha tina chea de auga con un chisco añil e salpicábase a roupa con esa auga. Non lembro por que se facía isto, (o de estendela si, claro, para secala sen enrrugas) por que o do añil, por que o de salpicala.

Outra cousa eran as mans das lavandeiras que se mergullaban na auga fría de mañá cedo apertando un xabrón que nunca era de La Toja. As mans do meu lugar ían todas a lavar á fonte do regueiro, todo un progreso: antes lavar de pé no lavadeiro que facelo de xeonllos no río. Esas mesmas mans que lavaban a roupa ca que iamos a misa arrecendendo a limpo, amasaban o roscón de pascua, acariñábannos cando estabamos enfermos ou tristes e zoscábannos cando rompiamos algo. Daban para todo.

4 Comentarios
  • Faber
    Publicado ás 08:26h, 21 Xaneiro Responder

    Que pasada tocaio!!!
    Pois mira que casualidade… Fai cousa de 30 ou 40 días, na hora de tomar os viños, saeu este mesmo tema!
    Pois ben, entereime dos sitios donde había pilóns para lavar a roupa na Arousa (algúns deles existentes, e outros que xa non hai, pero, localizada a sua ubicación).
    Con todo esto quedeime con unha cousa que é o seguinte:
    As mulleres da Arousa madrugaban de unha forma esaxerada para ir a lavar a roupa ós mencionados pilóns por dous motivos fundamentais, que son… Ser as primeiras para coller a “primeira auga do día” e por conseguinte, ser as primeiras en coller os mellores sitios para por a clarear a roupa nos mellores descampados onde primeiro daba o sol. ¿e por qué?…Pois según me dixeron, o primeiro sol era o menos perxudicial para “clarear” a roupa. Pois ben, facían esto na madrugada, despois ían para a “Conserveira Gogay” unhas, e outras para onde poideran para gañar o seu xornal. No medio día, despois de facer a comida, ían regar (clarear) a roupa, por dous motivos fundamentais…para que non destiñira coa luz natural, e para que non cuarteara e se puxera ríxida. Evidentemente, xa vemos a delicadeza humán que teñen as mulleres para que incluso a roupa non lle resultara un incordio ós seus homes, os seus fillos, ou a quen fora… E con todo esto, ó rematar a xornada da tarde, recollíana, a saber como a planchaban, esperaban ós seus homes, (si lle cadraba a que viñeran do mar), tentaban durmir, e de aí a nada…outra vez o mesmo………….
    Pois eso…sei ata aquí… non sei si tardaría moito o “mimosín” e o “lavado con aclarado”, pero….evidentemente, sabemos de onde ven …. “aclarado”

    • avelino gonzalez
      Publicado ás 21:17h, 22 Xaneiro Responder

      Quédanos logo saber se a pranchaban. Igual non facía falta.

  • noemí
    Publicado ás 10:00h, 21 Xaneiro Responder

    Pois éranche moi sabias. Segundo me dixo unha compañeira bióloga, a fotosíntese da herba fai que a roupa blanquee (“clareo”). Non é o sol, como pensa moita xente, é a herba.

    • avelino gonzalez
      Publicado ás 21:18h, 22 Xaneiro Responder

      e o añil… para que sería!?

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: