12 Xan BLOG ME TENDAL XXII. Tendal permanente
Que lle pasaría a este/a ca roupa!
A roupa é de de home, pero ben puido tendela unha muller, porque está moi ben colgada: Os pantalóns pola cintura e con tres pinzas! Iso non hai home que o faga. Agás que sexa moi moderno ou gai clásico.
Puido ser que:
1. Farto de quen non secara, aplicou o de “non queres caldo…” e deixouna estar: Fosilizouse.
2. Esqueceulle que a tendera e cambiou de piso ¿Era home, xa que logo?
3. A nai dáballe moito a lata co de estender ben a roupa no tendal, que non sabes facer un tendal, “busca unha muller, filliño, que un home só non se vale”… ¿Outra vez home, e outra vez farto?
4. O caseiro xuroulle que o piso tiña onde tender. E protesta.
5. …?
Xiada Sanlés
Publicado ás 13:40h, 15 XaneiroA foto é preciosa!!
avelino gonzalez
Publicado ás 16:23h, 15 Xaneiropasaches por diante del varias veces
Xiada Sanlés
Publicado ás 21:23h, 15 XaneiroEn serio? Jaja non recoñezo a zona…. por moito que miro a foto non me lembro jaja pero a roupa parece que está debuxada, encántame!!