19 Dec BLOGME TENDAL XXI. A arte de tender os calcetíns (1)
Unha das cousas que me chama a atención dos calcetíns, ademáis do xeito de colgalos, son as compañías. Os calcetíns son uns apestados. Uns marxinados.
Os calcetíns adoitan ser colgados ó lado dos calzoncillos. Ou dos panosde cociña. Ou de toallas.
Por que? Polo fedor, polo arrecendo, polo cheiro? Consíderanse prendas innobles? Que teñen de vergonzoso?
Algo hai. A miña nai non me deixaba saír da casa cos calcetíns furados ou cedidos pola perneira. Eu contestaba que non ía andar ensinando os calcetíns por aí adiante. Logo, xa en idade de ligar descubrín que os calcetíns debían ser unha elegante e/ou discreta transición. Non se ven, ou só fugazmente, pero se se ven… furados! Nada que ver cas medias nin os pantis. E cando vas a un médico ou a un fisio… aí tamén son importantes os calcetíns. Podes ir desparellado, queda simpático. Pero nunca co calcetín furado, cedido, roto…
Poucas veces se colgan sen pudor, entre camisetas, blusas, camisas, xerseis… O dito: Uns apestados. Uns marxinados.
Sen comentarios