BLOGME TENDAL XX. Guillotina

10 Dec BLOGME TENDAL XX. Guillotina

Xa sei que para que seque é mellor facelo así.  Descabezala. Seca antes. Seca mellor. Pero ten un aquel de axustizamento. María Antonieta (é rosa) guillotinada e logo mostrada en público para escarmento e solaz de espectadores. Iso si, aproveitando a dobradura natural do pescozo para poñer as pinzas. É como que chama por elas, onde se vai poñer a pinza? Aí que xa dobra a roupa por aí. Non se nota despois. A pinza. Esa decisión cando un tende.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: