03 Dec BLOGME TENDAL XIX. Soedade ou urxencia
Non hai máis que lavar? É o único que paga a pena lavar? Non pode esperar para lavar? Agora tamén: Ese rosa sobre fondo gris é alegría exposta, pirueta de trapecista (feminina) , sorriso de autoafirmación de autoestima impúdica (velaquí estou, así son). Como vestirá por fóra? O optimismo ben entendido empeza por unha mesma, polo optimismo que todas levades dentro

Sen comentarios